A nova parada de bus implicará que nesa zona non se poidan estacionar vehículos entre as 13.00 e as 16.00 horas en días de funcionamento escolar
A Concellería de Educación, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño, informa de que o novo servizo de comedor para os 31 alumnos e alumnas do CEIP Sada e Contornos que demandaron praza de comedor no IES de Mosteirón comezará a funcionar o vindeiro luns, día 12 de xaneiro. Esta prestación manterase ata o remate do presente curso escolar e a intención do Concello é prolongala ata que o centro educativo dispoña dun comedor propio.
Bolaño Fariñas engade que –para garantir a seguridade viaria- o Concello habilitou unha parada de autobús a escasos metros da saída do colexio Sada e Contornos. Esto implicará a prohibición de estacionar nesta zona en horario de 13.00 a 16.00 horas nos días de funcionamento escolar. A recollida dos menores producirase todos os días neste punto á saída do colexio (14.00 horas) e o retorno terá lugar entre as 15.30 e as 16.00 horas.
A prestación do novo servizo no comedor do IES de Mosteirón (xestionado pola Xunta de Galicia) realizarase en virtude dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, o Concello de Sada e a ANPA do CEIP Sada e os seus Contornos.