Xa se substituiu a porta de entrada ao recinto e nos vindeiros días reforzarase o peche perimetral da escola e instalaranse canastras e porterías nas pistas deportivas.
Esta actuación conta cun investimento superior aos 15.500€ e servirán para “dignificar as instalacións do centro”, explica Raquel Bolaño
Un dos obxectivos primordiais desta actuación é incrementar a seguridade no recinto. Neste sentido, xa está instalada a nova porta de entrada ao colexio “atentendendo unha demanda histórica das nais e pais”, explica Raquel Bolaño, quen engade que estas obras “contribuirán a dignificar as instalacións do centro despois de moitos anos sin ter recibido nin un euro de investimento”.
Bolaño Fariña, así mesmo, explica que nos vindeiros días se construirá un peche de malla ríxida en varios puntos do perímetro. A actuación incluirá tamén a dotación de material deportivo para as pistas do centro: dúas canastras reglamentarias, unha de mini-basket e dúas porterías.
Estas obras, que está a realizar a empresa ‘Construcións e reformas Dubra S.L.N.E.’ propiciaron a contratación de tres operarios.
Esta actuación complementarase no futuro inmediato con outra que acometerá a Concellería de Obras para adaptar os parques infantís á normativa en vigor desde o ano 2003. Neste caso, actuarase no parque anexo ao colexio. Esta obra será financiada tamén con cargo ao FEIL.